sábado, 24 de abril de 2021

SEMANA DEL LIBRO (19 AO 23 ABRIL)

 SEMANA DO LIBRO 2021


Esta semana celebramos a Semana do Libro no noso centro. 

Foi unha semana repleta de actividades que nos permitiu compartir momentos, gustos e inquedanzas.

Comezamos o luns cos “Amenceres literarios”. En Infantil, leron diferentes contos e falaron sobre os mesmos, foron moitas as personaxes que entraron esta semana nestas aulas: Pájaro Amarillo, Leotolda, Martina e Anitram de “Yo mataré monstruos por ti”, o oso grande e marabilloso de “Imos cazar un oso” ou Lucas de “La montaña de libros más alta del mundo”. Cantas aventuras vividas nunha sola semana sen saír das aulas! 

En Primaria e Secundaria, grazas ás recomendacións literarias dalgunhas familias puideron ir anotando na lista de “libros pendentes” novas obras. Grazas a todas as persoas que colaboraron con nós!

Tamén o luns comezaron a saír á luz os “Bookface”. Impresionantes! Así mesmo, puidemos disfrutar do “Reto Playmobil” no que había que adiviñar a obra que correspondía a cada imaxe. Moitas grazas por participar nas iniciativas que vos presentamos!

E, no día grande, no DÍA DO LIBRO, seguimos gozando de todo o que nos ofrecen os libros.

En Infantil e 1º e 2º de Primaria puideron disfrutar dun contacontos realizado por Tatiana Matos . Celebramos o aniversario do Lobo (tamén como estivo en apuros), acompañamos aos Chivos Chivóns no engano ao ogro e vivimos coa Mosca as súas... “vacacións de verán”? Grazas @tatianamv90

En Primaria, a través dun libro elaborado polo alumnado de 6º aprenderon un pouco máis sobre este día, sobre os libros e sobre a importancia da lectura.

E en Secundaria, tiveron que pensar moito, moito, moito para chegar a adiviñar o seu Kahoot de portadas de libros. 

Desde o Equipo da Biblioteca non podemos máis que darvos as grazas a todos. Xa estamos traballando na Semana do Libro 2022 para que cada vez sexa máis especial e non esquezades as palabras que non dixo Tati: “La vida rodeada de cuentos, de nuevas aventuras y mundos siempre es maravillosa!”.

GRAZAS



SEMANA DEL LIBRO (19 AO 23 ABRIL)

 SEMANA DO LIBRO 2021 Esta semana celebramos a Semana do Libro no noso centro.  Foi unha semana repleta de actividades que nos permitiu comp...